A Fundación Obradoiro é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fin a promoción e realización de proxectos sociais, educativos e deportivos. O obxectivo principal é fomentar a práctica e a educación en valores a través do deporte, co baloncesto como ferramenta principal.
A Fundación Obradoiro organiza a súa actividade a través da creación e execución de proxectos nas seguintes áreas:
Área deportiva
1. Cantera
As categorías base do Monbus Obradoiro son un proxecto recente no seu formato, pero cunha proxección a longo prazo para que a cidade de Santiago de Compostela, da man do club, poida contar no futuro con xogadores de baloncesto de primeiro nivel dun amplo abano de idades.
Os piares nos que se sustenta esta cantera son o seu carácter social, que fomenta a non discriminación de ningún tipo, e o seu modelo de formación integral, que imparte unha educación deportiva completa tanto na vertente física como na psicolóxica.
Categorías
Babybasket, Preminibasket, Minibasket, Preinfantil, Infantil, Cadete, Junior e Senior.
¿Queres formar parte das categorías inferiores?
Realízanse xornadas de captación de xogadores totalmente abertas ás que poden asistir todos os interesados en formar parte do club durante o resto da tempada.
Unha vez comezada a tempada, o club permanece aberto á recepción de novos xogadores sempre que non estea completo o cota federativa da categoría á que lle correspondería unirse.
Contacto
Director categorías base Obradoiro CAB: Camilo Riveiro (cantera@obradoirocab.com – 637 313 709).
2. Campus
- Campus Obradoiro Jealsa (Boiro): Este foi o primeiro campus organizado polo club obradoirista para nenos de entre 6 e 18 anos que se leva a cabo durante o verán no Concello de Boiro.
- Campus Nadal Obradoiro – El Corte Inglés: Se un campus sempre é especial, en datas de Nadal aínda o é máis. Co apoio de El Corte Inglés, este Campus de Nadal chega cada ano cargado de moita maxia e ilusión para que os máis pequenos disfruten das súas vacacións aprendendo co seu deporte favorito.
- Campus Obradoiro Cabreiroá (Oroso): Este campus naceu grazas á vinculación do club obradoirista co Concello de Oroso e o CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés a través dos equipos e escolas deportivas. Con tres equipos actualmente que entrenan e xoguen no Concello de Oroso, tampouco podía faltar unha actividade divertida para todos os nenos de entre 6 e 18 anos.
- Campus Obradoiro (Vigo): Primeira edición deste campus que busca abrir as fronteiras da provincia e captar pequenos afeccionados do baloncesto na localidade pontevedresa de Vigo.
Área social
Son moitos os ámbitos e iniciativas nos que a Fundación Obradoiro suma no ámbito social: desde visitas a colexios ou clubs, participación en diferentes campañas solidarias, difusión de situacións complicadas, etc.
Sen dúbida a actividade máis especial é o proxecto ‘O Camiño acaba en Obradoiro’ a través do que un personaxe famoso do mundo do baloncesto a nivel nacional ou internacional percorre as últimas cinco etapas do Camiño de Santiago.
Por este proxecto xa pasaron excelentes protagonistas como Terry Porter, Juan Antonio Corbalán, Nikos Galis, Aza Petrovic, Amaya Valdemoro, Juan Manuel Calderón ou Craig Hodges, que coñeceron ao detalle a cultura, gastronomía e valores do Camiño de Santiago da man do Monbus Obradoiro.
¿QUERES COLABORAR? DONACIÓN FUNDACIÓN OBRADOIRO?
Calquera persoa interesada pode colaborar coa Fundación Obradoiro realizando unha donación.
Ademais, desde o club prémianse aqueles afeccionados que queiran realizar o seu abono para os partidos do Monbus Obradoiro e fagan unha donación á Fundación Obradoiro, xa que obterán desconto directo no abono.
Por cada 150€ de donación obteranse 100€ de desconto directo no abono e 50€ en entradas para a nova tempada.
Pódense realizar doazóns acudindo de forma presencial ás oficinas do club.