¿Que é o Club de Empresas Obradoiro?

O Club de Empresas Obradoiro (CEO) é moito máis que unha plataforma de patrocinio. É un punto de encontro estratéxico, exclusivo para todas aquelas entidades que respaldan e comparten os valores do Monbus Obradoiro, o club de baloncesto que representa á cidade de Santiago de Compostela e, por extensión, a Galicia con orgullo no baloncesto profesional.
O CEO nace cun propósito claro: devolver o apoio que as empresas brindan ao club, xerando un entorno propicio para crear conexións, compartir experiencias e explorar novas oportunidades de negocio entre os seus máis de 300 socios.
¿Que ofrecemos ás empresas?
O CEO facilita un espazo único onde empresas de diferentes sectores se unen para:
- Fortalecer as súas relacións empresariais
- Potenciar a súa marca
- Abrirse a novas colaboracións e sinerxías
- Acceder a eventos exclusivos
- Formar parte dunha comunidade con valores comúns: esforzo, compromiso e traballo en equipo
Únete ao Club de Empresas Obradoiro
Formar parte do CEO é integrar unha rede de empresas comprometidas co deporte, coa cidade e cos valores que nos unen. É crear, medrar e compartir dende a pista… e moito máis alá dela.
¡Únete ao equipo que xoga dentro e fóra da pista!
Quero unirme