Abónate!

Imaxe principal campaña de abonados

O Monbus Obradoiro presenta a súa campaña de abonados para a tempada 2025-2026 baixo o lema “Nós non faltamos”, unha mensaxe de fidelidade entre o club e a afección. Cada abono incluirá o lema “Eu non falto”, símbolo do compromiso individual de cada afeccionado. Porque cada asento cheo suma e cada abonado forma parte desta historia compartida.

Período de renovacións

A campaña comezará o luns 16 de xuño de 2025 ás 10:00 horas.

  • Os abonados actuais poderán renovar mantendo o seu asento ata o 3 de xullo.
  • Desde o luns 16 de xuño ás 10:00 horas, tamén poderán abonarse novos afeccionados elixindo calquera asento libre.
  • A partir do 4 de xullo, todos os asentos non renovados quedarán liberados e dispoñibles para calquera persoa.

Prezos

O prezo do abono depende da zona e da tarifa: Xeral, Baby (0-4), Infantil (5-12), Xuvenil (13-17), Maiores de 65 ou Reducido.

Os nenos de 0 a 4 anos poden entrar sen abono se non ocupan asento. Tamén existe o Abono Baby con asento e beneficios.

Prezo reducido para:

  • Desempregados (+6 meses)
  • Estudantes (-26 anos)
  • Federados en baloncesto
Táboa de prezos

Descontos

Descontos non acumulables entre si:

  • Abonados 2024-2025: 15%
  • Abonados anteriores (dende 2011-2012): 5%

Unha vez aplicados estes descontos, poderanse aplicar os seguintes descontos, acumulables entre si:

  • Familiar: descontos progresivos do 10% ao 80% segundo membros
  • Fidelidade: 5% tras cinco tempadas
  • Asistencia perfecta: 5%
  • Trae un amigo: 5-10% acumulables por cada novo abonado
  • Doazóns á Fundación: 100€ de desconto por 150€ doados

O prezo final redondearase a euros sen decimais.

¿Como renovar?

Formas de pago

  • Tarxeta de crédito/débito (non American Express)
  • En efectivo
  • Financiamento de 3 a 9 meses sen intereses (segundo aprobación bancaria)

Condicións do abono

1. A formalización e pagamento do abono dá dereito ao seu titular a ocupar o asento especificado no carné nos partidos a celebrarse no Multiusos Fontes do Sar, co Obradoiro como local, durante a Liga Regular "Primeira FEB", independentemente do número de equipos que a compoñan.

2. O abono non inclúe a entrada a partidos de Playoff ou calquera outro encontro fóra da Fase Regular da Liga "Primeira FEB" que se dispute en Santiago co Obradoiro como local.

3. A organización non se fai responsable da perda ou sustracción do abono. O acceso dos abonados ao pavillón farase co carné en formato Passbook, que se pode descargar e abrir con calquera das aplicacións dispoñibles para iso, por exemplo, Apple Wallet para iOS e Passwallet para Android.

4. A duplicación non autorizada ou a reventa deste produto pode impedir o acceso ao partido, así como a retirada do abono.

5. Condicións de acceso ao recinto: segundo dispoñen a Lei 19/2007 do 11 de xullo contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte no seu artigo 6.

6. A organización poderá negar a entrada aquelas persoas que non amosen a súa identificación e o abono, ou cuxo abono presente signos de falsificación ou manipulación non autorizada.

7. Non se permite recoller datos estatísticos en directo dos partidos comprendidos neste abono para o seu uso con fins comerciais ou distribuílos a terceiros sen autorización expresa da Federación Española de Baloncesto.

8. Reservado o dereito de admisión.

9. Aceptación do Regulamento Interno do recinto deportivo: "Pavillón Multiusos Fontes do Sar".

10. Se a normativa vixente en cada momento limitase o aforo de asistencia a algún partido, os abonados poderán ser reubicados para o mesmo, procurando que sexa nunha localidade da mesma categoría.

11. En caso de restricións de aforo, terán preferencia de acceso os abonados respecto á venda de entradas na taquilla.

Visual final campaña
© 2025 Monbus Obradoiro. Todos os dereitos reservados.