
O Obradoiro CAB pon en marcha unha nova edición do seu tradicional Campus Jealsa Boiro, que este ano se celebrará do 23 ao 27 de xuño. Está dirixido a nenos e nenas nados entre 2007 e 2019, e desenvolverase en xornada de mañá e tarde, con opción tamén de comida e transporte para quen o precise.
Durante cinco días, os participantes poderán gozar do baloncesto nun ambiente divertido e educativo, con adestramentos adaptados a cada idade, adestradores cualificados e a posibilidade de compartir pista con xogadores do club. Unha oportunidade perfecta para mellorar, facer amizades e vivir a experiencia obradoirista desde dentro.
O campus inclúe equipación completa (camiseta, cubre e mochila), e cada participante recibirá tamén unha invitación para asistir a un partido do Monbus Obradoiro como local na tempada 2025/26.
Actividade: 150 €
Actividade + comida: 220 €
Actividade + comida + bus: 260 €
20 € para abonados/as
40 € para xogadores/as da canteira, alumnado de Jesuitas ou Santa Baia, ou segundo irmán/irmá inscrito/a
Para apuntarse, cómpre cubrir a ficha de inscrición, facer o ingreso nas oficinas do club ou mediante transferencia bancaria á conta da Fundación Obradoiro:
ES23 2080 0375 1930 4001 8467
E enviar a documentación ao correo electrónico: campusboiro@obradoirocab.com
Máis información: 690 61 88 72 ou no correo do campus.
O Obradoiro convida un ano máis a todos os mozos e mozas afeccionados a sumarse a esta experiencia única en Boiro, onde o baloncesto é só o comezo.