
O Obradoiro CAB pon en marcha unha nova edición do seu tradicional Campus Oroso Cabreiroá, que este ano se celebrará do 30 de xuño ao 3 de xullo. Está dirixido a nenos e nenas nados entre 2007 e 2019, e desenvolverase en xornada de mañá e tarde, con opción de comida e transporte para quen o precise.
Durante catro días, os participantes poderán gozar do baloncesto nun ambiente divertido e educativo, con adestramentos adaptados a cada idade, adestradores cualificados e a posibilidade de compartir pista con xogadores do club. Unha oportunidade perfecta para mellorar, facer amizades e vivir a experiencia obradoirista desde dentro.
O campus inclúe equipación completa (camiseta, cubre e mochila), e cada participante recibirá tamén unha invitación para asistir a un partido do Monbus Obradoiro como local durante a tempada 2025/26.
Prezos segundo modalidade:Actividade: 150 €
Actividade + comida: 220 €
Actividade + comida + bus: 260 €
20 € para abonados/as
40 € para xogadores/as da canteira, alumnado de Jesuitas ou Santa Baia, ou segundo irmán/irmá inscrito/a
Para formalizar a inscrición hai que cubrir a ficha correspondente, realizar o ingreso nas oficinas do club ou mediante transferencia bancaria á conta da Fundación Obradoiro:
ES23 2080 0375 1930 4001 8467
A documentación deberá enviarse ao correo electrónico: campusboiro@obradoirocab.com
Máis información: 690 61 88 72 ou no correo do campus.O Obradoiro convida un ano máis a todos os mozos e mozas afeccionados a sumarse a esta experiencia única en Oroso, onde o baloncesto é só o comezo.