Noticia

Apúntate ao I Campus Vigo Obradoiro – Los Sauces! Do 7 ao 11 de xullo

O Obradoiro CAB abre o prazo de inscrición para o I Campus Vigo Obradoiro – Los Sauces, que se celebrará do 7 ao 11 de xullo nas instalacións do Colexio Los Sauces (Vigo), unha das sedes máis especiais desta tempada estival.

Este campus está dirixido a nenos e nenas nados entre 2007 e 2019 (ambos incluídos).

O horario do campus será de 10:00 a 19:30 horas e, como en cada edición, os participantes poderán gozar dunha experiencia única con adestramentos, xogos e moita diversión, todo baixo a metodoloxía de traballo do club obradoirista.

As persoas asistentes recibirán tamén a equipación oficial do campus, así como unha mochila incluída.

Modalidades dispoñibles:
  • Actividade + comida: 275 €

  • Actividade + pensión completa + pernocta: 490 €


Aplicaranse os seguintes descontos (non acumulables):
  • Abonados/as: -20 €

  • Xogadores/as da canteira, escolares de Los Sauces ou segundo irmán/irmá inscrito/a: -30 €


Inscrición:

Para formalizar a inscrición, é necesario cubrir a ficha dispoñible no cartel e realizar o pagamento da matrícula nas oficinas do club ou mediante transferencia bancaria á conta da Fundación Obradoiro ABANCA:
ES23 2080 0375 1930 4001 8467

Será preciso entregar a ficha cuberta xunto co xustificante bancario nas oficinas do club ou envialo por correo electrónico a: campusvigo@obradoirocab.com

Máis información: 678 49 38 81


Destacado